Saltar ao contido principal

Fonte da Xunqueira

Fonte da Xunqueira - Catoira - San Pedro de Dimo
Lugar
Coaxe
Parroquia
San Pedro de Dimo
Concello
Catoira

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan. Xa que logo para acceder a ela cómpre descender por unha escalinata de granito. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de perfil popular. O perímetro da fonte aparece protexido por unha varanda de ferro de recente factura.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_105) - Aprobación inicial de 2012

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.664619, -8.678397

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo