Saltar ao contido principal

Petróglifo da Xesteira

Petróglifo da Xesteira - Catoira - San Mamede de Abalo
Imaxe: Megaliticia
Tipoloxía
Arqueoloxía
Lugar
A Xesteira
Concello
Catoira

Os gravados localízanse sobre a superficie lixeiramente inclinada do afloramento, e consisten na súa totalidade en motivos de temática xeométrica, apreciándose unha combinación circular, formada por catro círculos concéntricos, o máis interior rebaixado. Do interior da combinación parte un apéndice radial que conforma un espazo alongado no exterior da combinación; no interior deste espazo hai doce cazoletas e dous círculos concéntricos, o máis interior rebaixado. Este gravado está afectado por dous desplacamentos da rocha totalmente desprendidos, se ben aínda se conservan na súa posición.

A pouca distancia desta combinación circular hai un círculo simple cun pequeno apéndice, no interior do cal hai oito cazoletas.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira

Megaliticia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_021-GA36010021) - Aprobación inicial de 2012

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.647511, -8.718311

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo