- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Idade do Bronce
- Lugar
- As Tixolas
- Parroquia
- San Mamede de Abalo
- Concello
- Catoira
O petróglifo está situado nunha pedra de forma elíptica dunhas dimensións de 4,5 metros de longo no seu eixo maior e tres metros no menor. A súa decoración é moi complexa xa que moitos dos motivos decorativos que a compoñen forman composicións até o de agora inéditas. Os motivos decorativos son círculos e coviñas, tamén hai liñas sinxelas e cruces. As composicións destes motivos son orixinais; dunha banda combinacións de círculos con coviñas e círculos concéntricos e por outra banda composicións máis complexas xa que as combinacións anteriores se lle engaden liñas sinxelas que fan asemellar as formas a notas musicais.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira
Sendón, A. Os petroglifos de Catoira
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_004-GA36010004) - Aprobación inicial de 2012
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.639652, -8.734478
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo do Pinar do Rei
Catoira, Santa Baia de Oeste
Arqueoloxía
Camiño Real de Catoira
Catoira, San Miguel de Catoira
Arqueoloxía
Castro de Gondar
Catoira, San Pedro de Dimo