- Outras denominacións
- Mamas I ou Mámoa Nº 1 da Balastrera
- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Neolítico
- Lugar
- Balastrera
- Parroquia
- Santa Baia de Oeste
- Concello
- Catoira
O Monte das Mámoas é un conxunto formado por esta mámoa e a Mámoa Nº 2 do Monte das Mámoas. A descuberta do Monte das Mámoas foi en 1956 e é atribuída a Ramón Sobrino Buhigas. Este dato non é correcto, posto que o naturalista e arqueólogo pontevedrino morrera no ano 1946. Entón, o mérito só podería corresponder ao seu fillo, Ramón Sobrino Lorenzo-Ruxa (1915-1959), naquela altura comisario de escavacións arqueolóxicas, entre outras moitas ocupacións.
En El trayecto voacional de un arquólogo, o profesor Ángel Núñez publica anotacións da axenda de traballo de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruxa. Unha desas anotacións dá a data exacta na que visitou Catoira e incia quen foi a persoa que o orientou para chegar até o monumento megalítico: "3 de abril de 1955. Excursión a Catoira. López, el de la papelería "El Sol" me habla de conchas en la Balastrera. No las encontramos. Frente a la Balastrera otro montículo también de cantos rodados y limonita. Descubro dos mámoas y las fotografío. Tienen sepultura megalítica, saqueada. Se llama "Monte das Mámoas". Pregunto y no saben decirme el porqué de este nombre." p. 23 e 24.
A mámoa presenta unha forma máis ou menos circular, coa terra pertencente á masa tumular desprazada cara o SE, debido á maior pendente do terreo nese sector. O eixo maior ao NS con 24 metros e o lado EW con 21 metros. A altura maior está no lado NE cunha altura de 1,80 metros e a menor con 80 centímetros. O perímetro é aproximadamente de 60 metros, sendo difícil establecelo con exactitude pola pendente do terreo, que se confunde coa masa tumular.
A violación central é rectangular antrópica de forma irregular e esquinas redondeadas con 3,95 metros de longo, 90 centímetros de anchura e a profundidade actual duns 20 centímetros, se ben hai 20 anos era de 46 centímetros. No centro da violación queda ao descuberto un ortostato da cámara.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_001-GA36010001) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.682303, -8.719420
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo da Busta
Catoira, San Pedro de Dimo
Arqueoloxía
Petróglifo de Morosos
Catoira, San Mamede de Abalo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 1 do Outeiro do Barral
Catoira, San Miguel de Catoira