Saltar ao contido principal

Panorámica da Cruz do Xiabre

Panorámica da Cruz do Xiabre - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio
Imaxe: Vanesa Lago Somoza
Tipoloxía
Panorámicas
Lugar
Monte Xiabre
Parroquia
San Xens de Bamio

No Monte Xiabre, a uns 408 metros sobre o nivel do mar, existe un miradoiro que se caracteriza por estar localizado nunha zona rochosa, na cal se ergue unha cruz de pequenas proporcións de ferro. Esta foi colocada polos alumnos do Colexio da Renfe nos anos 70 do século XX. En setembro do presente ano 2022 o Concello de Vilagarcía acondicionou este espazo agregándolle unha pasarela de metal e un banquiño onde poder desfrutar das vistas. 

Desde este lugar existen unhas extraordinarias vistas de 360 grados. Pode verse toda a Ría de Arousa, destacando a Illa de Cortegada que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas; tamén se pode apreciar perfectamente todo o núcleo urbano de Vilagarcía de Arousa e tamén a parte máis rural do concello. Ademais, nun día despexado aprécianse os concellos limítrofes (Vilanova de Arousa ou A Illa de Arousa), a Serra do Barbanza coas súas vilas costeiras, as bateas, o río Ulla, Padrón, Caldas de Reis...

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Mancomunidade do Salnés

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.620399, -8.739276

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo