Saltar ao contido principal

Punta Rebateira

Punta Rebateira - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio
Imaxe: Vanesa Lago Somoza
Outras denominacións
Pedra do Pico
Tipoloxía
Espazos naturais
Lugar
Punta Rebateira
Parroquia
San Xens de Bamio

Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas, que penetra no río Ulla. Este espazo, onde se ergue o Cruceiro do Salgueiral, é o antigo linde que marcaba o final do río Ulla e o comezo da Ría de Arousa. Actualmente esta delimitación está localizada no faro do dique de Santiago do Carril. Nas súas proximidades existiu antigamente unha canteira de extracción de pedra e nalgunhas rochas aínda se poden apreciar marcas de cantaría. Trátanse de pequenos ocos na rocha realizados ca finalidade de partir as pedras. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.625884, -8.769867

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo