Saltar ao contido principal

Forno da Granxa

Forno da Granxa - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio
Imaxe: Proxecto Louceiros de Bamio
Outras denominacións
Forno da Granxa da Ave
Lugar
O Campanario
Parroquia
San Xens de Bamio

Esquecido durante anos, a súa contorna foi limpada e é o único forno de cocción de louza de Bamio que conserva estrutura aínda en pé. Na memoria oral consérvase que neste forno cocía ás veces o louceiro José Casal.

Segundo a descrición de Luciano García Alén, os fornos de Bamio eran similares aos fornos antigos de Buño, cilíndricos, abertos na parte superior, duns 2 metros de altura e 2,5 metros de diámetro, cos muros de cachotaría de granito. A súa “parrilla” constaba dunha placa central circular feita de pedras e barro. Algúns como este sostiñan a “parrilla” mediante dous arcos cruzados. Aínda se ve ben a boca do lume, que era o lugar por onde se cargaba o combustible. 

En maio de 2024, a Asociación Mulleres Rurais de Bamio, así como o Proxecto Louceiros de Bamio, denunciaban a destrución deste forno de louza, o único que permanecía á vista en toda a parroquia de Bamio.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Proxecto Louceiros de Bamio

Diario de Arousa

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.631269, -8.757633

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo