- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Lugar
- A Granxa
- Parroquia
- Santiago de Fóra (O Carril)
- Concello
- Vilagarcía de Arousa
Lavadoiro localizado no espazo natural da Granxa, de planta rectangular con catro fiadas de follas de pedra para lavar e unha plataforma que o rodea onde se asenta un banco corrido. Está protexido por muros de contención para delimitar o recinto e aínda se poden ver os piares que sostiñan o tellado.
A súa denominación, Fonte Santa, fai referencia ás propiedades positivas que a tradición local lle atribúe ás súas augas, ao menos até a construción e apertura da gasolineira que, segundo contan os propios veciños, afectou á súa calidade. Foi un espazo de reunión para a xente do mar e forma parte do antigo camiño de pesca que conectaba a fábrica de Crespo Rivas e Varela co lavadoiro.
Referencias
Protección
Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.621725, -8.772492
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Fonte do Salgueiral
Vilagarcía de Arousa, San Xens de Bamio
Arquitectura da auga
Muíño da Dona
Vilagarcía de Arousa, San Xens de Bamio
Arquitectura da auga
Muíño da Amproa
Vilagarcía de Arousa, San Xens de Bamio