- Tipoloxía
- Obra civil
- Lugar
- Martores
- Parroquia
- San Miguel de Valga
- Concello
- Valga
Pontella que salva ao río Valga moi preto da Capela dos Martores e que formaba parte do camiño sacramental montesío que unía o desaparecido Mosteiro de San Paio ou San Paio da Granxa, cos núcleos de Martores, Vilares e Laceiras. Actualmente, os elementos conservados máis salientables deste camiño son, ademais desta pontella, a Cruz do Verde e a Cruz das Laceiras.
Respecto da existencia do mosteiro, na elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, un veciño da zona mencionaba a existencia, en tempos antigos, dun mosteiro que se asociaba ao cenobio de Armenteira, segundo afirmaba que contaban os seus maiores. Igualmente aseguraba que na zona de fincas coñecida como San Paio, tiña visto de mozo, gran cantidade de pedras labradas espalladas por toda a zona. Recoñece a mesma persoa que a maior parte desas pedras foron desaparecendo, usadas polos veciños noutras construcións.
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.690372, -8.616441
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Pombal de Paredes
Valga, San Miguel de Valga
Obra civil
Pombal Nº 2 da Canle
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Obra civil
Ponte do Souto
Valga, Santa Cristina de Campaña