Saltar ao contido principal

Hórreo do Reguengo

Hórreo do Reguengo - Valga - San Salvador de Setecoros
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Reguengo
Concello
Valga

Hórreo de cámara con paneis en pedra de cantaría. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces en fábrica de pedra. A soleira é de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena enriba de cepas de cantería, que foron recubertas de fábrica de ladrillo con posterioridade. A cuberta é de dúas augas con tella plana, ben protexida polas sobrepenas dos penais. Destacan os remates relixiosos, tanto na pena como na sobrepena de ambos lados.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro de 2010

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (CP-323)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.669148, -8.656712

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo