Saltar ao contido principal

Capela de San Paio

Capela de San Paio - Valga - Santa Comba de Cordeiro
Imaxe: Concello de Valga
Outras denominacións
Capela de Vilar
Cronoloxía
Século XVII
Lugar
Vilar
Concello
Valga

A Capela de San Paio de Vilar é de planta rectangular, muros de cachotaría e coa cuberta a dúas augas de tella. O campanario emprázase enriba da portada, no plano da fachada.

O 25 de xaneiro, festividade de San Paio, as imaxes de Santo Antonio e San Roque trasládanse desde a Igrexa de Santa Comba de Cordeiro até esta capela en Vilar, permanecendo aquí algo máis dunha semana, até que, coincidindo co Día da Candeloria, ambos santos, acompañados de San Paio, regresan en procesión á igrexa parroquial. Segundo contan os veciños, antigamente a festa de San Paio dábaa unha parella que se acababa de casar, para bendicir o matrimonio, mais esta tradición perdeuse co tempo.

Posteriormente, o 2 de febreiro, coincidindo co Día da Candeloria, a Procesión dos Lacóns percorre varios lugares da parroquia de Cordeiro (Vilar, Vilarello, Moldes, As Eiras, Outeiro, Ferreirós e Beiro), partindo desta capela e chegando á igrexa parroquial. Maioritariamente son as mulleres as que portan sobre as súas cabezas cestas con lacóns ("mans de santo") que son puxados no adro da igrexa unha vez rematada a procesión. A diferenza coa festa de San Paio, no Día da Candeloria a procesión vai facendo paradas nas aldeas para coller folgos e os veciños poidan venerar a Santo Antonio, San Roque e San Paio.

A Procesión dos Lacóns é unha das tradicións culturais máis antigas e senlleiras das que se celebran en Valga. A orixe desta procesión remóntase a mediados do século XIX, cando unha epidemia causou unha grande mortaldade no gando, momento este que provocou que os veciños comezaran a ofrecer lacóns aos santos para que a peste desaparecera.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Veiga Máxica

BNG de Valga

La Voz de Galicia

Valga Today

Televisión de Galicia

Sara Seco Rial

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-224)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.696275, -8.713608

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo