Saltar ao contido principal

Muíño Nº 4 dos Martores

Muíño Nº 4 dos Martores - Valga - San Miguel de Valga
Lugar
Martores
Concello
Valga

Nas terras chas que se estenden ao norte do Alto da Trigueira, na ribeira norte do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular, construído en cachotería granítica asentada en seco e con pequenas pedras a xeito de cuñas. Tellado a dúas augas cuberto inicialmente con tella do país, aínda que na actualidade non conserva teitume. Conserva a roda de moer no seu interior. No sector leste consérvase a canle de pedra que fornecía de auga ao muíño.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (CP-440)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.694211, -8.611288

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo