- Outras denominacións
- Muíño do Nogueiral ou Muíño de Chenlo
- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Lugar
- Chenlo
- Parroquia
- San Miguel de Valga
- Concello
- Valga
Na ribeira leste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas, do a cuberta orixinal de tella foi substituída por unha nova de uralita, conservando os tornachuvias laterais en granito e beirais nos lados anterior e posterior da edificación. Na parede interior amosa un fachinelo orientado á canella. Gravuras ilexibles na padieira dereita e cruces gravadas no canto interior desta mesma padieira. Está situado ao carón do Camiño Portugués. Cuberta a dúas augas de tella curva do país.
No ano 2022, o Concello de Valga promoveu un proxecto de restauración do muíño que incluíu a limpeza da contorna e a eliminación da maleza e hedras que cubrían o muíño, o encintado dos muros de pedra, a colocación de pavimento en lousa e pedra e unha nova cuberta de madeira de castaño e tella do país. Ademais, limpouse todo o conxunto cunha hidrolimpadora para retirar os musgos e liques acumulados co paso do tempo. Tamén se instalou un panel explicativo sobre este muíño hidráulico.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (CP-447 e CP-422)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.690578, -8.638253
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Fonte de Magariños
Valga, San Salvador de Setecoros
Arquitectura da auga
Fonte de Balleas
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro de Laxes
Valga, Santa Comba de Cordeiro