Saltar ao contido principal

Muíño do Agrelo

Muíño do Agrelo - Valga - San Miguel de Valga
Outras denominacións
Muíño da Insua de Cima
Lugar
A Eirexe
Concello
Valga

Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas, totalmente derruído. Consérvase a porta de madeira. As paredes amosan unha seteira horizontal nun lateral e un fachinelo sobre a canella de entrada da auga. Distínguense alomenos unha cruz latina gravada sobre a padieira esquerda e un tabique baixo inferior transversal de dous módulos. As xuntas da cachotería interior foron recebadas con cemento.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (CP-449)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.693591, -8.640807

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo