- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Lugar
- Desabanda
- Parroquia
- San Miguel de Valga
- Concello
- Valga
Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica, coas xuntas unidas con cemento. Á planta orixinal do edificio en pedra, foille engadida posteriormente un anteporche lateral de ladrillo con pousadoiro e un sobretellado avanzado a xeito de tomachuvias. A porta, con cruz gravada na padieira esquerda, está composta por unha folla de madeira. A parede da canle amosa un pequeno fachinelo. O interior dispón dun tabique baixo transversal corrido. Presenta tellado a dúas augas, parcialmente derrubado, coa cuberta en tella do país.
Referencias
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Protección
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (CP-451)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.696770, -8.646708
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro Nº 2 do Forno
Valga, Santa Comba de Cordeiro
Arquitectura da auga
Muíño Nº 1 dos Martores
Valga, San Miguel de Valga
Arquitectura da auga
Presa de Chenlo
Valga, San Miguel de Valga