Saltar ao contido principal

Muíño da Insua

Muíño da Insua - Valga - San Miguel de Valga
Outras denominacións
Muíno da Maquía da Insua, Muíño da Insua de Abaixo ou Casa do Muíño
Lugar
A Insua
Concello
Valga

Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular, que no seu día foi de maquía, construído en cachotaría granítica unida con cemento. Presenta tellado a dúas augas coa cuberta en fibrocemento. A canle remataba en dúas canellas, das que só unha se mantén actualmente en uso. Antigamente tiña dous rodicios, aínda que hoxe só presenta un, en perfecto estado. A moa conservada moe millo, aínda que antigamente tamén se moían outros cereais.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (CP-450)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.694686, -8.641817

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo