Saltar ao contido principal

Castro de Vilar

Castro de Vilar - Valga - Santa Comba de Cordeiro
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Idade do Ferro
Lugar
Vilar
Concello
Valga

Na a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, durante a revisión da microtoponimia catastral actual, foi localizada esta denominación, correspondente a unha considerable cantidade de fincas (30 parcelas do polígono 50), que se emprazan cara a parte norte do núcleo rural de Vilar.

A inspección do lugar serviu para confirmar dita toponimia por parte dos veciños, así como para constatar que as fincas mencionadas aparecían emprazadas nunha zona que, aínda que modificada pola presenza de edificacións, mantén unha conformación axeitada para a existencia dun asentamento castrexo. Deste xeito, a zona configúrase como unha superficie elevada sobre a contorna, con espazos en socalcos.

Na enquisas orais realizadas, non se obtivo referencia algunha sobre a existencia de lendas ou folclore asociado, nin tampouco novas respecto á aparición de algún tipo de vestixio, a partir dos que poder confirmar a existencia nesta zona dun xacemento castrexo.

Debido á conxunción entre toponimia e configuración topográfica xeral, coincidentes en ambos casos coas que soen darse para estes asentamentos, non se descarta completamente esta opción para Vilar.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Protección

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-08: GA36056-REF003)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.697376, -8.713980

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo