Saltar ao contido principal

Panorámica do Sillón dos Mouros

Panorámica do Sillón dos Mouros - Rianxo - Santa Baia do Araño
Imaxe: lha de Orjais
Tipoloxía
Panorámicas
Concello
Rianxo

Afloramentos rochosos á beira do camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á freguesía de San Xoán de Laíño.

Trátase dunha cadeira de pedra, co seu respaldo e unhas marabillosas vistas aos montes da contorna: o Cerqueiro, o monte do Araño, o Treito... A pedra é branca, destacando no medio da matogueira, mesmo o conxunto pétreo, tendo no asento unhas cazoletas pequenas.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Rabunho Rexeita

Ilha de Orjais

Sendeiros de Dodro

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.701676, -8.786132

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo