Saltar ao contido principal

Porto de Taragoña

Porto de Taragoña - Rianxo - San Salvador de Taragoña
Imaxe: Turismo Barbanza Arousa
Tipoloxía
Obra civil
Lugar
O Porto
Concello
Rianxo

Situada nas inmediacións da Senda Litoral de Taragoña, xunto á Praia das Caldas, a estrutura portuaria componse dunha plataforma de acceso desde terra que se prolonga cara ao mar a modo de rampla. O antigo peirao consérvase parcialmente integrado no porto actual, configurado mediante unha ampla plataforma de formigón. Desde esta parte un brazo en forma de “L”, construído con grandes bloques de pedra granítica, que actúa como dique de abrigo e delimita a zona interior de varada e amarre. O conxunto evidencia a superposición de fases construtivas que reflicten a evolución funcional do porto e a súa adaptación ás necesidades pesqueiras

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia

Protección

Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.670750, -8.832000

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo