Saltar ao contido principal

Busto de Castelao

Busto de Castelao - Rianxo - Santa Comba de Rianxo
Imaxe: roteirocastelao.gal
Tipoloxía
Obra civil
Cronoloxía
1975
Lugar
A Ribeira
Concello
Rianxo

Por desexo de Teresa R. Castelao, o busto en bronce do seu irmán, promovido polos emigrados do Uruguai e doado á vila de Rianxo polo Padroado da Cultura Galega de Montevideo, erixiuse nun dos xardíns do Paseo da Ribeira o 27 setembro de 1975. A idea é que puidese verse desde a fiestra da casa paterna que dá á Ribeira. É obra do escultor Xosé Escudero Couceiro, e a base, en pedra, de Alfonso Sanmartín. Ao acto da inauguración asistiron, entre outros, o amigo de Castelao e dos rianxeiros, Ramón Otero Pedrayo, aínda que non pasaba por bos momentos de saúde; semanas antes estivera hospitalizado e xa avisara: “Eu teño que ir a Rianxo aínda que sexa nun cadaleito”. Foi a derradeira vez que asistiu a un acto público.

Ese 27 de setembro, Rianxo quedou tomado polas forzas policiais para controlar a avalancha de universitarios afíns ao Partido Comunista, activistas e obreiros sindicalistas, que chegados de diversas partes, sobre todo de Ferrol, encheron a vila de bandeiras galegas e vocearon proclamas contra o Proceso de Burgos, no que se xulgaban a 16 militantes de ETA e que tivera lugar recentemente. Actualmente este lugar é un punto de encontro para celebracións de aniversarios e de toda clase de manifestacións políticas de grupos nacionalistas e galeguistas.

En 2025, o Consello da Cultura Galega publicou un fondo documental xerado na organización do acto de Homenaxe feito a Castelao no seu pobo natal, Rianxo, realizado con motivo do 25º aniversario do seu pasamento e que tivo lugar o 27 de setembro de 1975. Nesta documentación pódese coñecer todas as xestións que se tiveron que facer para que este acto conmemorativo se celebrase pese aos atrancos das institucións franquistas.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Consello da Cultura Galega

Roteiro Castelao

Fundación Castelao

Memorias Vivas

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (CH-1)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.650776, -8.819704

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo