Saltar ao contido principal

Hórreo do Vilar

Hórreo do Vilar - Rianxo - Santa Baia do Araño
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
O Vilar
Concello
Rianxo

Conxunto de catro hórreos situados a ambos lados dun camiño interior do lugar do Vilar. Estrutura de cantaría de granito e entrepanos de madeira, en tres dos hórreos, apoiados sobre muros transversais baixo un tornarratos continuo de lousas. Penais de granito con ocos de ventilación e cuberta a dúas augas de tella ou fibrocemento con sobrepenas de granito, coroadas por cruces e lampións, e pináculos de menores dimensións nos extremos laterais. Portas de acceso orientadas ao oeste. O outro hórreo, é de características similares, mais coa cámara realizada integramente en cantaría de granito.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo, aprobado inicialmente en maio de 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (H-002)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.724574, -8.779117

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo