- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- O Rabado
- Parroquia
- Santa Baia do Araño
- Concello
- Rianxo
Dous hórreos situados a ambos lados da estrada principal do lugar do Rabado, apoiados sobre o muro de peche das fincas, xunto ao cruce que leva a Buía. Estrutura principal de cantaría de granito, e entrepanos centrais de ladrillo perforado que substitúen aos orixinais. Penais de granito con ocos de ventilación e cornixa perimetral moldurada baixo a cuberta, a dúas augas de tella sobre estrutura de madeira. Sobrepenas de granito nos pinches, coroadas por cruces e lampións, e pináculos de menores dimensións nos extremos laterais. Tornarratos perimetral sobre os muros de apoio e ménsulas molduradas nun dos hórreos.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo, aprobado inicialmente en maio de 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (H-003)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.703130, -8.773772
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo do Rabado
Rianxo, Santa Baia do Araño
Hórreos
Hórreo de Quintáns
Rianxo, Santa María de Isorna
Hórreos
Hórreo de Isorna
Rianxo, Santa María de Isorna