- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- A Fincheira
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
No 1919, era alcalde de Rianxo Manuel Pérez (baixo as ordes do cacique Manuel Viturro, secretario da Comisión Provincial). Ese ano, o pai de Castelao, Mariano Rodríguez, construíu, sen solicitar autorización municipal, a graneira que aínda se conserva neste lugar, na Fincheira.
Viturro, liberal e inimigo acérrimo do pai de Castelao (de tendencia conservadora e que fora alcalde) non perdeu a ocasión de pór toda a carne no espeto para que esta graneira fose derribada. Cando os canteiros contratados para o seu derribo procederon a levalo a cabo, atopáronse coa oposición de boa parte das mulleres da vila, que se botaron á rúa para evitalo.
O hórreo está situado acaroado ao muro de peche dunha parcela con fronte á rúa Fincheira, preto do cruce da rúa Roxelio Pérez. Cámara rectangular de cantaría de granito apoiada sobre muretes transversais e tornarratos perimetral. Cuberta a dúas augas de lousas e sobrepenas de granito, coroadas por lampións nos vértices e pináculos de diferentes formas nos laterais.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (H-019)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.650044, -8.816380
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo da Vacariza
Rianxo, Santa María de Isorna
Hórreos
Hórreo da Cruz
Rianxo, San Salvador de Taragoña
Hórreos
Hórreo de Cerqueiras
Rianxo, Santa Baia do Araño