- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1862
- Lugar
- Meiquiz
- Parroquia
- Santa María de Leiro
- Concello
- Rianxo
Hórreo de grande entidade situado nunha finca ao sur do lugar de Meiquiz, xunto ao Cruceiro da Regalada. Está apoiado sobre cinco pares de pés de granito de sección cadrada con arestas chafranadas e tornarratos semicirculares. Estrutura mixta de trabes e piares de cantaría de granito e entrepanos de madeira, con acceso desde un lateral. Cuberta a dúas augas de tella sobre estrutura de madeira e sobrepenas de granito, coroadas por unhas cruces de ferro sobre pequenos pedestais moldurados. Inscrición sobre a porta co ano de construción do hórreo (1862).
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo, aprobado inicialmente en maio de 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (H-013)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.660974, -8.772031
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Rianxiño
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Hórreos
Hórreo de Meiquiz
Rianxo, Santa María de Leiro
Hórreos
Hórreo de Campelo
Rianxo, Santa Baia do Araño