Saltar ao contido principal

Hórreo da Marquesa

Hórreo da Marquesa - Rianxo - Santa María de Asados
Imaxe: linaverderianxo.gal
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
A Marquesa
Concello
Rianxo

No lugar da Marquesa atópase un fermoso exemplar do século XIX. Aséntase sobre soleira maciza de cachotaría con rachas e escaleira de acceso. Sopórtase sobre catro cepas prismáticas torneadas na parte superior. O tornarratos é corrido. A cámara, de tres claros, péchase nos penais e extremos dos costais con pezas horizontais de cantaría con regandixas. Os tramos de madeira resólvense con balaústres verticais de madeira con dúas faixas (travesas). Presenta unha fermosa cornixa moldurada e voada. As sobrepenas son quebradas e xeométricas, con perfís moi marcados, ó igual cós pináculos, con bolas e fortemente xeometrizados. Os pinches decóranse tamén con círculos e placas recortadas que lembran ao barroco galego.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo, aprobado inicialmente en maio de 2014

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.681479, -8.784613

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo