- Outras denominacións
- Hórreo do Araño
- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- Século XVIII
- Lugar
- Traba
- Parroquia
- Santa Baia do Araño
- Concello
- Rianxo
O hórreo do Araño foi construído a finais do século XVIII, entre 1784 e 1805, sedo o crego Rafael López quen o mandou construír. Está localizado nos terreos da casa reitoral de Santa Baia do Araño, é o hórreo máis longo de toda Galicia (36'75 metros a cámara e 37'05 o celeiro), e o de máis capacidade se sumamos as capacidades da cámara (109'31 m3) e o celeiro (59'09 m3). Atópase a carón da Igrexa de Santa Baia do Araño e simboliza o inmenso poder que debeu de ter a igrexa na comarca no século XVII.
A base está conformada polo celeiro de cachotaría con rachas, e leva apegadas as escaleiras de acceso. O tornarratos é corrido, prolongación do chan da cámara, de cantaría. A cámara péchase con perpiaños horizontais en ringleira e non se marcan as columnas. Leva sopena baixo o beiril, e as sobrepenas rematan en cruces flanqueadas por pináculos de bolas.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo, aprobado inicialmente en maio de 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (H-001)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.694252, -8.801279
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Cartomil
Rianxo, San Salvador de Taragoña
Hórreos
Hórreo do Pazo
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Hórreos
Hórreo de Pastoriza
Rianxo, San Salvador de Taragoña