Saltar ao contido principal

Hórreo da Casa da Lagarteira

Hórreo da Casa da Lagarteira - Rianxo - Santa María de Isorna
Imaxe: Xenealoxías do Barbanza
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Sestelo
Concello
Rianxo

Hórreo na finca da Casa da Lagarteira, á beira do camiño que leva ao lugar de Piñeiro. Cámara rectangular de grandes dimensións apoiada sobre nove muros de tres pezas de granito con remates nos extremos superiores. Estrutura de trabes e piares de granito, con entrepanos de madeira e penais de cantaría. Cuberta a dúas augas de tella e sobrepenas de dúas pezas de granito.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo, aprobado inicialmente en maio de 2014

Xenealoxías do Barbanza

Óscar Miguéns Moares

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (H-009)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.673116, -8.748743

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo