Saltar ao contido principal

Campo das Graneiras (6 hórreos)

Campo das Graneiras (6 hórreos) - Rianxo - Santa María de Leiro
Imaxe: Dubardu Hughes
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Meiquiz
Concello
Rianxo

No lugar de Meiquiz atópase un peculiar terreo común destinado exclusivamente á localización de hórreos, o Campo das Graneiras. Conxunto de seis hórreos (chegaron a ser nove) nunha parcela de grandes dimensións situada no centro do lugar de Meiquiz.

Hórreo principal de cantaría de granito sobre celeiro de muros de cachotería e tornarratos perimetral. Cuberta a dúas augas de tella con cruz e lampión nas sobrepenas. O resto dos hórreos son de menores dimensións, apoiados sobre muros transversais ou pés con tornarratos semicirculares. Estrutura mixta de cantaría e entrepanos de madeira nos hórreos máis próximos ao camiño.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo, aprobado inicialmente en maio de 2014

Fotos de Rianxo

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (H-015)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.662505, -8.772317

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo