- Tipoloxía
- Espazos naturais
- Lugar
- Taragoña
- Parroquia
- San Salvador de Taragoña
- Concello
- Rianxo
Desde a Praia da Torre, na que remata o paseo marítimo de Rianxo, podemos continuar camiñando pola Senda Litoral de Taragoña ao longo de 4 quilómetros máis, até o lugar da Burata bordeando o litoral da Enseada de Rianxo e achegándose até as marismas da desembocadura do río Beluso.
A senda discorre por unha paraxe verde e tranquila, boa parte cruzando bosques autóctonos con carballos, loureiros ou castiñeiros, entre outros, e tamén campos de cultivo ou pequenos regatos protexidos por freixos, ameneiros e salgueiros. Durante o percorrido pódese ver, cando a marea está baixa, a mariscadoras cos seus raños recollendo ameixas ou berberechos. Ademais, esta zona é boa tamén para a observación de aves, principalmente no inverno, como o mergullón de pescozo negro e o mergo cristado. No Porto de Taragoña e na Esteiro do río Beluso pódense observar ademais parrulos, garzas reais, garzotas, gaivotas e picapeixes.
Máis elementos do catálogo
Espazos naturais
Enseada do Pico
Rianxo, Santa María de Leiro
Espazos naturais
Puntal da Braña
Rianxo, Santa María de Isorna
Espazos naturais
Campo Maneiro
Rianxo, San Salvador de Taragoña