Saltar ao contido principal

Praia do Porrón

Praia do Porrón - Rianxo - Santa María de Leiro
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Tipoloxía
Espazos naturais
Lugar
Brión
Concello
Rianxo

Unha das praias máis longas (340 metros) de Rianxo, nunha entorno agradable e moi preto da Praia das Cunchas, de augas tranquilas moi concorrida por familias con nenos. Separando esta praia da das Cunchas, está a Punta do Castro, que alberga un antigo asentamento castrexo.

Encóntrase no límite entre Rianxo e o lugar de Brión, en Leiro. Ten este nome pola súa perspectiva, xa que ten a forma deste recipiente. Este lugar é idóneo para o recreo do baño para nenos ou da pesca, así o entendía o avó de Castelao cando o levaba a pescar e que logo botaría de menos no tempo en que estivo na emigración.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Roteiro Castelao

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (N.5.3.)

Coordenadas (WGS84)

42.638457, -8.800864

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo