- Outras denominacións
- Cruceiro da casa reitoral de Santa María de Leiro
- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- A Igrexa
- Parroquia
- Santa María de Leiro
- Concello
- Rianxo
Ao carón da Casa reitoral de Santa María de Leiro, preto da igrexa parroquial, atópase este fermoso cruceiro de plataforma cuadrangular de catro graos, pedestal cuadrangular de paramentos recadrados e caveiras nos ángulos, fuste octogonal con pedestal cuadrangular e que presenta unha imaxe. O capitel é cuadrangular co astrágalo octogonal liso, o ábaco de lados rectos, e decorado con follas, volutas e flores. A cruz ten brazos cuadrangulares con chafráns. O Cristo ten as mans abertas, coroa de espiños e cartela de INRI. No anverso, escena da Piedade.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-071)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.656415, -8.777868
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruz do Batán
Rianxo, Santa Baia do Araño
Elementos relixiosos
Cruz da Igrexa de Santa María de Leiro
Rianxo, Santa María de Leiro
Elementos relixiosos
Vía crucis do Calvario
Rianxo, Santa María de Leiro