Saltar ao contido principal

Muíño de Calvo (Trabazo)

Muíño de Calvo (Trabazo) - Rianxo - Santa Baia do Araño
Outras denominacións
Muíño das Miráns
Lugar
As Miráns
Concello
Rianxo

Muíño situado na beira do río Té, na contorna dun espazo verde ao sur das Miráns. Tipoloxía propia destas edificacións, de planta rectangular con muros de pedra e cuberta inclinada de tella.

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario. Normalmente eran grandes e servían tamén como vivenda do muiñeiro e da súa familia. O muiñeiro cobraba unha parte da fariña, a maquía, que era proporcional á cantidade moída.

Arredor dos muíños desenvolveuse un rico folclore e cultura popular: ditos, refráns, contos e cantigas.... que teñen como protagonistas as xornadas que se pasaban no muíño, xa que eran lugares de conversa e socialización mentres se agardaba a que rematase de moer. Incluso o baile máis típico de Galicia, a muiñeira, ten a súa orixe nos tempos de espera no muíño.

Eu caseime no Araño,

pensando que había pan.

O forno de miña sogra,

cría silvas no verán.

---

Fun ao muíño con Paula,

fun ao muíño con ela.

Ela durmiu nos meus brazos

eu durmín nos brazos dela.

---

O muíño de meu pai,

non é muíño, é convento.

Os casados para fóra,

os solteiros para dentro

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Roteiro Ambiental polo río Té (paneis informativos)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (M-001)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.692447, -8.780431

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo