- Tipoloxía
- Arquitectura da auga
- Lugar
- Barral
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
Conxunto de fonte e lavadoiro situados ao sur do lugar de Barral, sobre a beira da estrada principal que o atravesa. Está acaroado a un muro de peche dunha finca, realizado en cachotaría de granito. Fonte de cantaría, composta por un volume prismático inferior onde se sitúa o cano e un volume de remate en arco de medio punto, separados por unha cornixa moldurada. Ten un pequeno mesado semicircular sobre un pé de granito acaroado a un lateral e unha pía rectangular que verte directamente ao lavadoiro. Lavadoiro de planta rectangular de granito, con lousa inclinada de lavar nun lateral.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-039)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.663958, -8.803942
Máis elementos do catálogo
Arquitectura da auga
Muíño do Regueiro
Rianxo, Santa Baia do Araño
Arquitectura da auga
Muíño Nº 1 de Fabeiro
Rianxo, Santa María de Asados
Arquitectura da auga
Fonte da Laxe Pequena
Rianxo, San Salvador de Taragoña