Saltar ao contido principal

Fonte e lavadoiro da Vacariza

Fonte e lavadoiro da Vacariza - Rianxo - Santa María de Isorna
Imaxe: Julio Martínez Verdes
Outras denominacións
Fontiña da Vacariza
Lugar
A Vacariza
Concello
Rianxo

Conxunto de fonte e lavadoiro situado no centro oeste do lugar da Vacariza, preto dun camiño que vai a dar á praza central do núcleo. A Fontiña da Vacariza, como así tamén se coñece á fonte, está composta por unha peza de granito con cornixa moldurada e cano central, que verte a un pequeno sumidoiro a rentes do chan. O lavadoiro de recente construción realizado en formigón, con cuberta a unha augas de fibrocemento e pedras de lavar de cantaría nun dos laterais.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

Óscar Miguéns Moares

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-038)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.686440, -8.738740

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo