Saltar ao contido principal

Fonte de Meiquiz

Fonte de Meiquiz - Rianxo - Santa María de Leiro
Imaxe: Julio Martínez Verdes
Lugar
Meiquiz
Concello
Rianxo

Fonte dun só cano situada no cruce do extremo norte do lugar de Meiquiz, xunto ao rego de Rial e a un espazo verde. A auga que chega a esta fonte nace nun lugar ao que lle chaman río Mouros. Está situada a un nivel inferior, con acceso desde a rúa mediante tres chanzos de granito. Corpo principal dunha peza rectangular de cantaría empotrada nun muro de cachotaría, e pía cadrada delimitada por dúas lousas laterais.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

CRA de Rianxo

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-024)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.662606, -8.771825

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo