- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- 1920
- Lugar
- A Mámoa
- Parroquia
- Santa María de Asados
- Concello
- Rianxo
Conxunto de vivenda e edificacións auxiliares con finca, situado entre os dous centros tradicionais do lugar, nun cruce de camiños presidido polo Cruceiro da Mámoa. Acceso á finca desde o cruce, mediante un volume cuberto con porta alintelada cunha inscrición co ano de construción da vivenda (1920) e as iniciais da familia. Edificación principal de planta rectangular e dous andares, resolta con muros de cachotaría de pedra e cuberta a dúas augas de tella. Fachada principal de composición sinxela, con ocos rectangulares e acceso na planta baixa. As edificacións auxiliares e o hórreo, están dispostas en torno á vivenda configurando un patio interior de acceso.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-011)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.672219, -8.790030
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa reitoral de Santa María de Leiro
Rianxo, Santa María de Leiro
Arquitectura civil
Casa de Manuel Antonio de Asados
Rianxo, Santa María de Asados
Arquitectura civil
Cine Iglesias
Rianxo, Santa Comba de Rianxo