- Outras denominacións
- Casa dos Aranga
- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- Século XVIII
- Lugar
- Rúa da Praciña/Paseo da Ribeira
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
Edificación do casco histórico de Rianxo, de planta rectangular e dous andares, do século XVIII.
O volume orixinal que ocupaba a esquina completa da cuarteirón, foi dividido posteriormente en dúas vivendas, unha con fachada á rúa da Praciña, e outra á Ribeira. Está resolta con muros de cantaría de granito e cuberta amansardada de tella, que substitúe á orixinal, común ás dúas vivendas. Fachada principal con acceso en planta baixa mediante portón alintelado de madeira baixo o escudo da familia. Fiestras de dúas follas de carpintería de aluminio, de ocos de sección cadrada en planta baixa e rectangular no piso superior. Fachada lateral cun só oco central no segundo andar. Cornixa perimetral de granito moldurada.
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-051)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.650207, -8.819714
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Pazo dos Torrado de Asadelos
Rianxo, Santa María de Asados
Arquitectura civil
Escola de Abuín
Rianxo, Santa María de Leiro
Arquitectura civil
Escola da Atalaia
Rianxo, Santa María de Asados