- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Idade do Bronce
- Lugar
- Rianxiño
- Parroquia
- Santa Comba de Rianxo
- Concello
- Rianxo
Grupo de gravados que se espallan por unha extensa zona das parroquias de Santa María de Leiro e Santa Comba de Rianxo, entre A Pedreira e A Devesa de Rianxiño, estendéndose cara ao noroeste até o curuto do Alto do Corniño. Os gravados máis salientables son:
- Un grupo de gravados non prehistóricos, probablemente feitos polos canteiros que traballaban aquela zona, e nos que se pode ler, entre outras marcas, o topónimo "Rianjo", o que fai pensar que poida ser unha marca da delimitación da parroquia.
- Escena de loita entre dous cabalos (ou cervos en período de caída da cornamenta).
- Unha posible escena de caza na que varios animais parecen fuxir en manda na mesma dirección, mentres outro queda atrás ferido e outros parecen mortos sobre o camiño.
- Outro enorme cervo de características moi similares aos grandes anteriores.
- Posible femia preñada.
- Cervo macho en actitude de bradar.
- Animal con aspecto de felino.
- Na rocha máis setentrional deste conxunto, unha colección de cuadrúpedes, outro felino e outro antropomorfo moi similar ao do Petróglifo Nº 1 do Mouchos.
Este conxunto está formado por dúas laxes con gravados rupestres situados na parte superior dun outeiro. Na actualidade está totalmente destruído, e as laxes foron cortadas de tal xeito que non se poden recoñecer os motivos
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072024)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.652559, -8.804543
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo do Monte Ceán
Rianxo, Santa María de Isorna
Arqueoloxía
Casco de Ouro de Leiro
Rianxo, Santa María de Leiro
Arqueoloxía
Mámoa Nº 2 do Monte da Pena
Rianxo, Santa María de Leiro