- Tipoloxía
- Arqueoloxía
- Cronoloxía
- Neolítico
- Lugar
- Campo Grande
- Parroquia
- Santa María de Leiro
- Concello
- Rianxo
Conxunto de seis túmulos megalíticos que forman a Necrópole dos Campiños, sita nunha chaira disposta lonxitudinalmente sobre a dorsal que cae desde o extremo sur do Monte Lioira. Os túmulos distribúense a ambos lados do camiño a escasos 50 metros do inicio da pista. Hai varias escavadas, mais a máis visible é a última a man dereita, que constitúe o túmulo máis grande.
Mide 20 metros no eixo L-O e 20 no N-S. O diámetro do pozo de saqueo é 5,80 metros, a cámara mide 1,80 metros no eixo N-S e 2,90 no L-O, o corredor ten unha lonxitude de 6,20 metros de longo e orientado ao sueste, a altura máxima do túmulo é 1,69 metros e a profundidade máxima da cámara é de 1,80 metros.
Foi obxecto dunha intervención arqueolóxica entre os anos 1983 e 1984, na cal, ademais da documentación do proceso construtivo e do material depositado, se puido datar o peche da estrutura no 4300 BP. A intervención foi capitaneada por Ramón Fábregas e Félix de la Fuente, e os datos derivados da mesma publicáronse no volume 7 do anuario Brigantium (1991-1992).
Referencias
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072078)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.672966, -8.765943
Máis elementos do catálogo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 1 de Isorna
Rianxo, Santa María de Isorna
Arqueoloxía
Mámoa Nº 7 do Monte da Pena
Rianxo, Santa Comba de Rianxo
Arqueoloxía
Petróglifo Nº 13 dos Campos
Rianxo, Santa María de Leiro