- Tipoloxía
- Panorámicas
- Lugar
- Montes de Condide
- Parroquia
- San Xulián de Requeixo
- Concello
- Pontecesures
O Miradoiro do Galiñeiro, a 143 metros de altura sobre o nivel do mar, ofrece unha moi boa vista da confluencia dos ríos Sar e Ulla, así como de todo o val deste último, que acabará formando a ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.
O texto que segue a continuación foi publicado por Fernando Cabeza Quiles no grupo de Facebook de obaixoulla.gal.
Pensamos que o topónimo O Galiñeiro, derivado da palabra "galiña", en latín gallina, pode ter dous significados, un real, cando o topónimo nomea aldeas situadas en lugares chans, referido á presencia de galiñeiros de galiñas e outro, cando nomea cumes de montes, metafórico. Este segundo suposto debe corresponder ao nome do monte do concello pontevedrés de Pontecesures chamado O Galiñeiro, que puido ter sido comparado, ao ser un lugar visiblemente alto, cun galiñeiro ou poleiro onde se recollen a durmir as galiñas, escollendo lugares elevados. A unha relación de significados similar á que deu o topónimo debe corresponder a creación do substantivo común "galiñeiro" coa equivalencia de 'parte máis alta e arredada do escenario dun teatro ou cine'. A situación elevada do monte chamado O Galiñeiro foi aproveitada para construír alí un miradoiro, dende o que se ve (vía) unha ampla panorámica do tramo final do Ulla. Entre os equipamentos do lugar destaca, con relación ao tema que nos ocupa, a figura ornamental dunha galiña de pedra colocada sobre unha columna do mesmo material. Como se pode apreciar na foto, a ave está desprovista da súa cabeza, debido á chuvia e ao vento que alí baten con forza polo inverno. Non sabemos se sobe moita xente ao miradoiro. Se o facer, non verán nada, porque as árbores do bosque de piñeiros que creceron ao seu pé impide calquera contemplación paisaxista.
Referencias
Protección
Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.710864, -8.642133
Máis elementos do catálogo
Panorámicas
Panorámica da Cima de Lato
Pontecesures, San Xulián de Requeixo
Panorámicas
Panorámica da Chan da Lagoa
Pontecesures, San Xulián de Requeixo
Panorámicas
Panorámica do Piñeiro Manso
Pontecesures, San Xulián de Requeixo