Saltar ao contido principal

Finca O Telleiro

Finca O Telleiro - Pontecesures - Santa Xulián de Requeixo
Imaxe: Alejandro Fernández Palicio
Lugar
O Telleiro
Concello
Pontecesures

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar do Telleiro, fronte ao Pazo da Cova.

Nesta telleira traballou hai moitos anos un home con acento portugués chamado “Moquillo” que amasaba o barro con dúas mulas. Deixou de funcionar "hai moitísimos anos". Os veciños lémbranse de ir buscar barro a esta finca chamada aínda O Telleiro para tapala porta do forno ao facelo pan.

Non se ten constancia da existencia dun forno na finca.

O único traballador coñecido foi o que era alcumado “Moquillo”. Seijas Llerena sitúa nesta telleira tamén a Alejandro Beiro Amoedo, aínda que pola documentación, soamente se pode dicir que foi con seguridade comerciante de tella e ladrillo de outros telleiros entre 1910 e 191X. Posteriormente a partir do ano 30, taberneiro, mais non telleiro de oficio.

Máis elementos do catálogo