- Tipoloxía
- Arquitectura civil
- Cronoloxía
- Século XX
- Lugar
- Travesía do Mercado
- Parroquia
- San Xulián de Requeixo
- Concello
- Pontecesures
Desde a Praza de Abastos de Cesures, as patifas levaban a patela ou panela a costas (ben sobre a cabeza, ben a lombo dun burro) cheas de peixe “cativo” (sardiña, xouba, xurelo... os máis resistentes, ou lamprea na tempada desta), percorrendo camiños até Lestedo, Santiago, A Estrada, Vedra, Boqueixón...
As ganancias das vendas eran ás veces mínimas, mais a “esmola era boa”. Así, ás veces a balanza inclinábase máis ao cambiar peixe por millo, centeo, azucre... produtos de primeira necesidade cos que regresaban á casa despois dunha longa xornada que comezaba ás catro da madrugada. “O que non queriamos era volver co peixe, porque había que tiralo”.
As patifas chegaron a ser na posguerra un colectivo de entre 40 e 50 mulleres, a maioría de Carreiras e Porto. A súa decadencia comezou despois do crecemento económico dos setenta e a venda ambulante de peixe con coche. “Adiantáronsenos os de Taragoña e Rianxo. Cando nós chegabamos, eles xa pasaran no automóbil vendendo o peixe e xa non querían o noso. Pasamos mil traballos”.
Referencias
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.721416, -8.653186
Máis elementos do catálogo
Arquitectura civil
Casa natal de Borobó
Pontecesures, San Xulián de Requeixo
Arquitectura civil
Casa das Cunchas Nº 1 de Redondo
Pontecesures, San Xulián de Requeixo
Arquitectura civil
Casa dos Azulexos
Pontecesures, San Xulián de Requeixo