Saltar ao contido principal

Porto de Cesures

Porto de Cesures - Pontecesures - San Xulián de Requeixo
Imaxe: Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia
Tipoloxía
Arqueoloxía
Cronoloxía
Época romana-Idade Media
Lugar
Pontecesures
Concello
Pontecesures

Á beira da Ponte de Cesures había un peirao, onde se atoparon pontóns soterrados de madeira petrificados e ben conservados en 1959, xunto a cerámica e moedas romanas, desde as acuñadas en tempos de Tiberio até Constantino III. Na época de dominación romana, Cesures era o porto de Iria Flavia.

A importancia portuaria de Pontecesures foi tal que, xa en 1467, Henrique IV declarou a Cesures o único porto de carga e descarga de sal na ría de Arousa. O lugar foi un dos portos medievais de Galicia cara a ría de Arousa, na que a presenza das Torres de Oeste denota a importancia que esta ruta cara Compostela chegou a ter. En épocas máis contemporáneas, o Porto de Cesures foi a entrada e saída pola a Ría de Arousa de gran variedade de mercadorías: madeira, sal, tabacos, chumbo, pólvora...

Nos anos 60 do século pasado, o porto estaba cheo de castelos de madeira, case todo de piñeiro, que as serrarías cesureñas, padronesas e das terras do Baixo Ulla depositaban aquí. O traballo era realizado maioritariamente por mulleres que se dedicaban ao “tablón”. Despois de secar a madeira, era cargada en galeóns, pataches e gabarras, para posteriormente levala a reembarcar a Vilagarcía de Arousa, Marín ou Vigo. Tamén estaban os galeóns ou chamados barcos de Cesures (tipoloxía de embarcacións que se facían en Pontecesures), que posteriormente foron reconvertidos para o transporte da area que se extraía no río Ulla. A primeira draga data dos anos 40, sendo o seu inventor Paco Norte, de orixe portuguesa e recoñecido ciclista e futbolista.

No 1925 asinouse o Pacto da Devesa entre Pontecesures e Valga, o que suporía a constitución da Vila de San Lois como concello de seu, aínda que Valga segue mantendo na súa propiedade uns terreos (1.193 m2) no porto cesureño.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Daniel Seijas

Areeiros no río Ulla en 1986 | CRTVG

Mónica González

Daniel Seijas

Fernando Cabeza Quiles

Henrique Neira Pereira

Fernando Cabeza Quiles

Fernando Cabeza Quiles

Fernando Cabeza Quiles

La Voz de Galicia

Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pontecesures (3: GA36044003)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.720307, -8.654608

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo