- Tipoloxía
- Obra civil
- Lugar
- A Aduana
- Parroquia
- Santa María de Iria Flavia
- Concello
- Padrón
Situado á beira do río Ulla, no lugar do Muelle, a súa estrutura principal está composta por un muro de contención, que delimita a ribeira e protexe a zona de tránsito e carga, ademais de dúas ramplas dobres empregadas para a carga e descarga de mercadorías. Está construído con grandes bloques de pedra.
Ten unha orixe vinculada á tradición xacobea, xa que, segundo a lenda, neste lugar arribaron os restos do Apóstolo Santiago. Durante a Idade Media, Padrón consolidouse como un importante porto fluvial, con dous embarcadoiros: un no río Ulla e outro no Sar. A súa ubicación estratéxica facilitou o comercio e a chegada de peregrinos por mar, beneficiándose da protección das Torres de Oeste en Catoira. Actualmente, Padrón conserva vestixios do seu pasado portuario e mantén a súa importancia dentro das rutas xacobeas.
Referencias
Protección
Censo do Patrimonio Marítimo Inmoble de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.724431, -8.655350
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Porta do Bordel
Padrón, Santiago de Padrón
Obra civil
Pombal da Casa dos Cóengos
Padrón, Santa María de Iria Flavia
Obra civil
Porta do Fonda da Vila
Padrón, Santiago de Padrón