Saltar ao contido principal

Porta do Reloxo

Porta do Reloxo - Padrón - Santiago de Padrón
Imaxe: Policía Local de Santiago
Outras denominacións
Porta do Sol
Tipoloxía
Obra civil
Lugar
Rúa Franco Salgado Araujo
Concello
Padrón

A Porta do Reloxo ou Porta do Sol era unha antiga porta de entrada á vila de Padrón que perdurou até o século XVIII. No debuxo realizado por Pier Maria Baldi, que pasou por Padrón acompañando a Cosme de Médici en 1669, pódese entrever as feituras da antiga muralla da vila, a Escola de Cristos (á esquerda da anterior igrexa parroquial), xunto coa desaparecida Torre Moucha, e a anterior ponte sobre o Sar, coa caseta para cobrar impostos que tiña no medio.

A súa denominación ven do 1575, cando neste espazo foi colocado un reloxo. Aquí pasou a celebrarse o mercado de porcos, ao trasladarse desde o Campo do Souto, por cuestións de salubridade e polas queixas veciñais.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

namorarte.gal

Rey Castro, A. - Asociación Cultural Villa Petroni. Libro da Pascua 2019. Concello de Padrón, 2019

Coordenadas (WGS84)

42.739138, -8.658915

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo