- Outras denominacións
- Ponte do Carme
- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- 1852
- Lugar
- Padrón
- Parroquia
- Santiago de Padrón
- Concello
- Padrón
Ten orixe medieval, mais sufriu diversas remodelacións ao longo da historia. A máis drástica é obra de Juan Peón, cando en marzo de 1845, unha gran inundación danaría a estrutura, en concreto dous dos catro arcos que posuía, que co paso dos días acabarían cedendo e sepultándose nas augas do Sar. Segundo documentos que constan no arquivo histórico do Concelllo de Padrón, a ponte orixinal medieval sufriu unha remodelación previa en 1790. No lado dereito, emprazábase a antiga Torre Moucha, atacada pola Revolta Irmandiña no século XV e derrubada no 1832.
Sitúase á beira do Paseo do Espolón, permitindo cruzar o río Sar, unindo a zona da Trabanca co casco antigo de Padrón, e comunica cos concellos de Dodro e Rois. A ponte está datada do ano 1852, atopándose en moi boas condicións e substituíndo a outra que fora arrasada polo río. Construída en perpiaños, ten unha lonxitude duns 65 metros, constando de tres arcos por onde pasan as augas do Sar, tallamares e pretís de perpiaños.
Referencias
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.739030, -8.662036
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Pombal do Pedroso do Norte
Padrón, Santa María de Cruces
Obra civil
Ponte de Iria
Padrón, Santiago de Padrón
Obra civil
Reloxo de sol da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia
Padrón, Santa María de Iria Flavia