- Tipoloxía
- Obra civil
- Cronoloxía
- 1957
- Lugar
- Paseo do Espolón
- Parroquia
- Santiago de Padrón
- Concello
- Padrón
Se algún centro hai da cartografía rosaliana, aquí en Padrón estamos nel. A estatua de Rosalía do Paseo do Espolón é obra do compostelán José María Mateos, discípulo de Asorey, e inaugurouse o 23 de abril de 1957, luns de Pascua. Todo se arremuíña arredor desta escultura sufragada polos galegos da emigración que tantas veces axudaron á escritora. Este Sar que hoxe “baixa marmurando leve”, podíase virar nos invernos de antano nun deus fluvial entolecido que convertía Padrón por unhas horas nunha pequena Venecia. Rosalía veu como se derrubaba o templo gótico de Xelmírez, para edificar esta igrexa gris de agora, na que se garda o Pedrón, a ara romana dedicada a Neptuno polos irienses, á que se amarrou despois a barca de pedra xacobea.
Ecoan o discurso de Otero Pedrayo e os poemas de Aquilino Iglesia Alvariño en 1958 na homenaxe multitudinaria a Cabanillas que se celebrou aquí.
Algo fomos cambiando desde aquela. Xa non hai feira de gando na “parda sombra” do Souto, mais os domingos achéganse até Padrón outros feirantes. Rosalía contémplaos desde o alto pedestal cos seus ollos de pedra e regatea con eles para si. Na outra punta da alameda, o tamén escritor Camilo José Cela, con dúas grandes esferas de granito diante del, agarda unha partida de bolos imposible. Vinde ver os mariñeiros da Arousa na marea alta do verán subindo polo Sar nas dornas da preguiza para lle render homenaxe a Rosalía. Escoitade Ombra mai fu, de Haendel, baixo a bóveda verde dos pradairos (Platanus x hispanica) que están aquí para lle dar sombra a Rosalía.
Referencias
Fundación Rosalía de Castro | Casa de Rosalía
Roteiro Rosalía de Castro | De Padrón polos camiños
Ruta Rosaliana | As pegadas de Rosalía
Rosalía de Castro nas terras de Compostela e Iria | culturagalega.gal
Discurso de Ramón Otero Pedrayo na coroación poética de Ramón Cabanillas no Paseo do Espolón
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.738913, -8.661645
Máis elementos do catálogo
Obra civil
Pombal da Barca
Padrón, Santa María de Herbón
Obra civil
Reloxo de sol Nº 1 do Santuario da Escravitude
Padrón, Santa María de Cruces
Obra civil
Palco da Música de Xoane
Padrón, San Pedro de Carcacía