Saltar ao contido principal

Carrusel dos cabaliños de Evilasio

Carrusel dos cabaliños de Evilasio - Padrón - Santa María de Iria Flavia
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Tipoloxía
Obra civil
Cronoloxía
1938
Lugar
O Souto
Concello
Padrón

Atracción que se instalou en Padrón no 1938, na que varias xeración seguen desfrutando desde entón. Trátase dun dos carruseis máis antigos de Galicia.

Evilasio Hernáiz veu co seu tío a Galicia, procedente de Burgos, para ir ás feiras co seu carrusel. Chegou en tempos da guerra para vivir a súa primeira Pascua no ano 1938. Cada tempada estaban, primeiro, nas festas da Pascua; despois o San Marcos de Noia; a Ascensión de Santiago; o Corpus de Redondela e Ourense; o Carme de Bouzas (Vigo); o Apóstolo de Compostela e, en época alta, Sanxenxo. Quedou definitivamente en Padrón, onde fixo a súa vida familiar. Tras a súa xubilación, o seu fillo Miguel fíxose cargo dos cabaliños do Campo do Souto. Elivasio faleceu no 2018.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

La Voz de Galicia

Fernando Cabeza Quiles

Fernando Cabeza Quiles

Fernando Cabeza Quiles

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.736254, -8.661250

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo