- Tipoloxía
- Espazos naturais
- Lugar
- A Ponte
- Parroquia
- Santa María de Iria Flavia
- Concello
- Padrón
A denominación de Campo da Insua ven porque aquí existía unha insua fluvial ao carón da desembocadura do río Sar Vello no río Ulla, ao carón da desaparecida Ponte de Ferro e da Ponte de Cesures.
Aquí había unha praia, antes de que as dragas de area acabaran con ela; era o sitio onde se ía lavar a roupa e tamén o lugar no que se construían e reparaban os barcos para o transporte de mercadorías que ían polas augas do río Ulla. O Campo da Insua foi un dos espazos expositivos da Feira do Automóbil de Ocasión de Pontecesures.
Na actualidade trátase dunha pradaría segada, na que aínda pacen algúns animais, con dúas porterías de fútbol e no que se conserva un gran exemplar de chopo negro ou lamigueiro (Populus nigra).
Referencias
Protección
Non
Coordenadas (WGS84)
42.726570, -8.655404
Máis elementos do catálogo
Espazos naturais
Lagoa de Meda
Padrón, Santa María de Herbón
Espazos naturais
Desembocadura do Sar
Padrón, Santiago de Padrón
Espazos naturais
Fervenza de Casal
Padrón, San Pedro de Carcacía