- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Cronoloxía
- 1880
- Lugar
- Pedreda
- Parroquia
- Santa María de Iria Flavia
- Concello
- Padrón
Cruceiro do tipo de crucifico, mandado construír no 1880 por Andrés Lanza, para poder ser visto desde a súa cama nas horas finais da súa vida. Ten unha plataforma de dous chanzos sobre o que vai o pedestal prismático coas arestas superiores rebaixadas. Varal de base e remate cadrado, sendo o resto de sección octogonal. O capitel leva adornos de volutas e un rostro de anxo en cara. A cruz é de sección cilíndrica e con nós. Leva no anverso un cristo crucificado de boa factura e no reverso vai a Virxe cuberta cun manto sobre unha peaña coa figura dunha cara. No varal ten unha soporte que serviría para soster algún tipo de farol. Grada de tres chanzos. Ao seu carón hai unha mesa de pedra para colocar o cadaleito, mentres se reza camiño do cemiterio.
Referencias
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.748962, -8.651830
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruz de Sinde
Padrón, San Pedro de Carcacía
Elementos relixiosos
Cruceiro de Arretén
Padrón, Santa María de Iria Flavia
Elementos relixiosos
Cruceiro da Casa da Meixida
Padrón, Santa María de Cruces